Collected
2.342€
To benefit
#AlumeaMalawi #LuzparaMalawi
Nuestro reto #GivingTuesday para el 2018. Ayúdanos a completar la compra del material eléctrico necesario para realizar el montaje de cinco instalaciones solares fotovoltaicas en hospitales, residencias de estudiantes y orfanatos en Malawi.
A finais de decembro, voluntariado pertencente á Operación Pangono Pangono viaxará de novo a Malawi para realizar a montaxe de cinco instalacións solares fotovoltaicas en hospitais, residencias de estudantes e orfanatos do país. Estas instalacións solares permitirán ao persoal que alí traballa dar un servizo continuado e sen depender, exclusivamente, da enerxía eléctrica da rede. A partir do mes de abril, co remate da época de choivas, os cortes na subministración eléctrica en Malawi son continuos e poden durar dende poucas horas até varios días, dificultando notablemente o labor de profesionais que pretenden axudar e mellorar, no posible, a calidade de vida da xente máis desfavorecida do país.
Para a realización destas cinco instalacións mercáronse, e enviáronse xa a Malawi no pasado mes de xullo, 26 placas solares fotovoltaicas e 20 baterías, mais para poder completar as montaxes e conseguir o noso obxectivo precisamos máis material eléctrico, para o que pedimos a túa colaboración.
A montaxe das instalacións realízase en colaboración coa Fundación Esteban Vigil, as Misioneras de María Mediadora e as asociacións Ohana e LLamarada de Fuego
Ademais, o teu grao de area pode ter premio. Escríbenos a operacionpangonopangono@gmail.com informándonos da túa doazón e por cada euro que achegues ao reto recibirás unha participación para o sorteo dun lote de produtos que teñen como ingrediente principal as algas, doados pola empresa colaboradora Porto Muíños.
Máis información: www.operacionpangonopangono.org
Mucha gente pequeña, en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo. Eduardo Galeano.

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.
Donators (21)
Anonymous
100€
2,259 days ago
MARCOS
80€
2,260 days ago
Anonymous
100€
2,266 days ago
angeles
30€
2,268 days ago
Anonymous
150€
2,270 days ago
Anonymous
Hidden donation
2,272 days ago
José Daniel Pereiro López
200€
2,278 days ago
María
100€
2,279 days ago
Anonymous
Hidden donation
2,279 days ago
Javier
102€
2,279 days ago
Jesús
50€
2,280 days ago
Áurea
50€
2,285 days ago
Roberto
320€
2,285 days ago
Gustavo A.
30€
2,286 days ago
M Teresa
150€
2,290 days ago
ROBERTO
50€
2,297 days ago
Paula
250€
2,298 days ago
Anonymous
20€
2,300 days ago
Marta
30€
2,302 days ago
Ana
100€
2,303 days ago
María Teresa
150€
2,309 days ago
Comments (14)
MARCOS
Toda a sorte do mundo para este e os novos proxectos que levedes adiante.
José Daniel Pereiro López
Moita sorte de parte de Xabi, Xiao, Chus e Daniel
Javier
Un euro más que Suso.
Roberto
Yolavo siempre con vosotros. Ánimo Pangono Pangono
Gustavo A.
Suerte con el reto!
M Teresa
Xa falta menos. Ánimo!!!
ROBERTO
Seguide así, rapaces.
Paula
Esperamos que o noso grao de area vos axude a lograr ese gran obxectivo!!
Marta
A por todas rapeces!!! Un bico
María Teresa
Ánimo y mucha suerte!! Espero que logréis vuestro reto!!!
Muchas gracias por vuestra labor!!!