Operación Pangono Pangono

A Operación Pangono Pangono é unha asociación de voluntari@s que traballa para mellorar as instalacións das entidades coas que colabora.

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.

Malpica de Bergantiños (España)
2

Led challenges

1

Active challenges

38

Achieved donations

3.917€

Raised

Active challenges

Finished challenges

Sponsors