Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Galicia

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa no ámbito da animación sociocultural e do tempo libre, a prol do desenvolvemento integral da infancia e da mocidade galegas.

 Nace no ano 1993, e na actualidade están federadas: Abeiro da Coruña, Abertal de Vigo, Amencer de Ourense, Ateibo de Lugo e Don Bosco de Santiago. Agrupamos un colectivo de preto duns 500 voluntarios/as e 3.450 persoas destinatarias directas, entre nenos/as e mozos/as. Contamos con 11 profesionais técnicos traballando no total dos centros xuvenís de Galiza.

Cabe sinalar como recoñecemento público do noso labor a concesión do 2º premio no Concurso de proxectos para a promoción da acción voluntaria en Galicia e a concesión do Premio Galicia Futura, en recoñecemento á nosa traxectoria de traballo a prol da mocidade galega. 

As áreas de traballo que promovemos son a Educación non formal, a Animación sociocultural e o Tempo libre educativo a prol do desenvolvemento integral da infancia e da mocidade galegas.

A Federación defende os centros xuvenís como unha proposta educativa e de valores (paz, convivencia, respecto, solidariedade, cooperación, altruísmo) desde o protagonismo xuvenil (autoxestión, promoción, participación, democracia). Foméntase que sexan espazos para un lecer educativo infantil e para a promoción xuvenil, que promovan un lecer alternativo e saudable, que constitúan un espazo de voluntariado cunha clara opción por Galiza.

 

Santiago de Compostela (España)
1

Retos liderados

1

Retos activos

37

Donaciones conseguidas

436€

Recaudado

Retos activos

Patrocinadores