Recaudado
2.625€
A favor de
#miniVAN_Area49 - Apoia a educación das mozas de Malawi
Únete a nosotr@s para que las jóvenes de la residencia de estudiantes Amai María del Area49 de Lilongwe puedan disponer de una MiniVan (MiniBus).
Recaudado
2.625€
Objetivo
3.000€
Donativos
27
Faltan
Finalizado
A favor de
Reto liderado por
Categoría
Na Área 49 de Lilongwe, capital de Malawi, atópase a residencia para mozas estudantes de ensino secundario e universitario Amai Maria, xestionada polas misioneiras de Maria Mediadora.
A residencia Amai Maria ofrécelle a setenta mozas malawianas a posibilidade de continuar os seus estudos secundarios e universitarios na capital do país. Grazas á residencia de estudantes da Area 49 estas mozas teñen a oportunidade de seguir a formarse nun país como é Malawi, no que non é doado que as mulleres continúen cose seu estudos secundarios e universitarios.
Cada día as estudantes teñen que desprazarse desde a residencia Amai María ás distintas escolas e universidades ás que asisten, repartidas por distintas Areas (barrios) da cidade. O transporte público en Lilongwe é moi precario e realízase en “Matolas” (camionetas de cabina aberta) ou “MiniVans” (Minibuses) privadas, sempre moi ateigadas de xente. De feito, as MiniVans e as Matolas non teñen horarios fixos, xa que non comezan o traxecto/ruta ata que se ocupan todas as prazas, e poden deterse en calquera lugar á espera de ter suficientes pasaxeiras e pasaxeiros que fagan que o desprazamento sexa rendible. O acoso ás mulleres é habitual no transporte compartido de Lilongwe.
Dotar a residencia de mozas estudantes Amai Maria da Área 49 de Lilongwe dunha MiniVan propia, permitiríalle a estas estudantes un desprazamento máis seguro ás suas respectivas escolas sen ter que compartir o vehículo, evitando por unha parte o acoso que sofren as estudantes nos MiniBuses de uso compartido e tamén permitiría adaptar os horarios dos desprazamentos ao seu horario escolar, o que diminuiría o absentismo escolar das estudantes.
A maiores, a MiniVan da Área 49 tamén daría servizo aos outros centros dos que dispoñen as misioneiras en Malawi: o hospital de Mlale e o orfanato de Chezi. Ningún destes centros dispón dun vehículo similar polo que sería de moita utilizade para os desprazamentos de nenas, nenos ou doentes entre os distintos centros que as Misioneiras xestionan en Malawi.
O proxecto #miniVAN_Area49 é unha iniciativa da empresa Nomadas Motorhome, que conta co apoio da Fundación Esteban Vigil e da Asociación Operación Pangono Pangono.
Lembra que o teu apoio ao proxecto #miniVAN_Area49 desgrava na declaración da renda. Os primeiros 150 € desgravarán ata o 80 % e a partir desa cifra o 35 %. Lembra completar todos os teus datos no teu perfil de migranodearena.org.
Máis información sobre as vantaxes fiscais da túa achega ao proxecto nesta ligazón.

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.
-
01 abrAmpliada a data de finalización do reto para a compra da MiniVan.Ver menos
Ola, amig@s da Operación Pangono Pangono.
Acabamos de actualizar a data de finalización do reto para a compra da miniVan. Polo de agora non podemos darvos máis información pero está en marcha unha iniciativa que se suma ao reto de acadar a miniVan para ás rapazas da residencia Amai María da Area49 de Lilongwe.
Estade atent@s ao noso blog e as nosas redes sociais. En breve disporedes de toda a información da iniciativa.
E por suposto, non deixedes de espallar o proxecto!! Cantos máis sexamos, máis preto estaremos de acadar a tan preciada miniVan para as rapazas de Malawi.
Moitas grazas polo voso apoio!!
Donantes (27)
Anónimo
250€
Hace 218 días
Anónimo
50€
Hace 301 días
Javier
150€
Hace 323 días
María
100€
Hace 325 días
taniuska82
10€
Hace 326 días
Jesús
150€
Hace 352 días
Anónimo
50€
Hace 364 días
Mónica
35€
Hace 369 días
Anónimo
250€
Hace 394 días
Sole Blanco
5€
Hace 425 días
Anónimo
20€
Hace 432 días
Anónimo
Donación oculta
Hace 432 días
Anónimo
Donación oculta
Hace 432 días
José Daniel Pereiro López
Donación oculta
Hace 469 días
Ricardo
Donación oculta
Hace 481 días
Anónimo
100€
Hace 485 días
Anónimo
200€
Hace 485 días
Anónimo
150€
Hace 487 días
Anónimo
50€
Hace 488 días
Anónimo
50€
Hace 488 días
Anónimo
150€
Hace 489 días
Anónimo
150€
Hace 490 días
Anónimo
100€
Hace 490 días
Anónimo
Donación oculta
Hace 490 días
Anónimo
Donación oculta
Hace 490 días
Anónimo
150€
Hace 490 días
Anónimo
50€
Hace 490 días
Comentarios (6)