Recaptat

775€

A favor de

Copiar codi
Codi copiat
Dona

40 Aniversario da Asociación Érguete: Unha gran homenaxe para as nais que cambiaron a toda unha sociedade

Faremos unha gran gala no Teatro Afundación na súa honra o 9 de outubro e precisamos a vosa axuda

Recaptat

775€

Objectiu

2.000€

Donacions

27

Falten

Finalitzat

39%

Repte liderat per

Categoria

Salud Inserción laboral Inserción social Educación

Comparteix aquest esdeveniment

Copiar codi
Codi copiat

Publicat: 22 de set. 2025

As nais da Asociación Érguete comezaron a súa loita en outubro do 1985. Eran todas mulleres humildes, que non sabían o que lle estaba a pasar cos seus fillos, pero que querían rachar co silencio, coa soidade e coa impotencia. Elas, tamén algún homes, xuntáronse para cambiar toda unha sociedade e hoxe, 40 anos despois, o seu legado e historia viva de Galicia. Por iso, a Asociación Érguete brindaralles en colaboración coa Afundación unha gran homenaxe no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro xoves 9 de outubro ás 20.00 horas. A entrada vai ser gratuita, pero precisamos a vosa axuda para financiar unha gala que é moi ambiciosa e que será unha gran festa para cada unha destas mulleres. As que están e as que non. 

A gala estará conducida por Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco e Arantxa Treus, que destacou hoxe que para ela é un orgullo poder participar nesta homenaxe a unhas nais que salvaron vidas. Ademais, durante a celebración no Teatro Afundación tamén actuarán Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, a academia Media Punta e Sofía Gaona e haberá espazo para que as nais de Érguete conten a súa loita ao público e que as persoas usuarias da Asociación, que atende a 8.000 persoas cada ano, poidan mostrar a súa voz a través de distintas expresións artísticas que están preparando.

As entradas son gratuítas porque “queremos que sexa unha festa de todo Vigo e Galicia. Unha homenaxe na que poidan estar todas as persoas que o desexen”, indica a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas. A inscrición pode facerse a través dun formulario electrónico ou presencialmente na sede da entidade. As persoas que consigan entrada, vai por orde de inscrición, serán notificadas como tarde unha semana antes da gala. 

Na ceremonia tamén haberá un momento especial para agradecer a todas as nais, traballadores e persoas usuarias que xa non están. A todas esas persoas que fixeron de Érguete o que é hoxe e que, tamén, loitaron contra o narcotráfico.

Dora Carrera e Elvira Vázquez, ambas dúas nais fundadoras da asociación, lembraron na presentación da gala a todas as compañeiras que xa non están e sentíronse afortunadas de compartir a loita con mulleres como Carmen Avendaño, “a nosa chave mestra”, Tonina, Mari Graña, Asunción e tantas outras. Nunca pensaran que ían mover a tanta xente, que recibirían unha homenaxe tantos anos despois da súa loita e queren agradecer de corazón todas as mostras de cariño que están recibindo este ano.

A nosa misión é traballar para xerar oportunidades e prestar servizos a persoas e familiares afectadas por condutas aditivas, disruptivas ou de risco impulsando a súa inclusión e fomentando hábitos de vida saudables, tendo sempre en conta a perspectiva de xénero.

A nosa visión é aspirar a ser unha asociación referente na prevención e intervención en condutas aditivas e problemas asociados, con servizos de calidade e innovadores, profesionais expertos, e sendo unha plataforma para a denuncia social.

Os nosos valores son desenvolver a súa estratexia e busca conseguir os seus obxectivos guiada polos seguintes valores: Profesionalidade, innovación, sensibilización, compromiso social, flexibilidade / adaptabilidade, calidade, e igualdade de xénero.

As nosas liñas estratéxicas son: 

* Dar unha atención personalizada e áxil ás persoas que requiren os nosos servizos.
* Dispoñer de persoal profesional capacitado para levar a cabo a misión da Asociación e que todo o equipo estea satisfeito de formar parte de Érguete.
* Mellorar a coordinación e comunicación entre procesos craves para poder ofrecer proxectos innovadores e de máxima calidade que dean resposta ás necesidades de quen o requira.
* Mellorar a sustentabilidade económica conseguindo novos ingresos e procurar que os obtidos sexan máis eficentes.

Donants (27)

Xiana

50€

Fa 148 dies

Jose

10€

Fa 148 dies

Ana

25€

Fa 148 dies

Noemí

20€

Fa 148 dies

Ilduara

20€

Fa 148 dies

Anònim

15€

Fa 148 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 148 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 148 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 148 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 148 dies

Xosé Francisco

50€

Fa 148 dies

Manuel Francisco

50€

Fa 150 dies

Jesús

35€

Fa 150 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 151 dies

María de la Paz

35€

Fa 151 dies

Sonia

20€

Fa 151 dies

María

Donació oculta

Fa 152 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 154 dies

Cristina

80€

Fa 154 dies

Alberto

Donació oculta

Fa 154 dies

Anònim

20€

Fa 158 dies

Antón

103€

Fa 159 dies

Pedro

5€

Fa 159 dies

Cristal

20€

Fa 163 dies

Anònim

35€

Fa 164 dies

Mariña

15€

Fa 165 dies

Asociación Érguete

5€

Fa 165 dies

Veure més donants

Comentaris (8)

Noemí

Fa 148 dies

Grazas pola vosa inestimable labor e por deixarnos formar parte de esta homenaxe.

Ilduara

Fa 148 dies

Moitas grazas e ánimo!

Cristina

Fa 154 dies

Donativo 40 aniversario

Pedro

Fa 159 dies

Forza a este equipazo!

Cristal

Fa 163 dies

Sodes fantásticas o que non consigades vos, non o consigue ningún. Forza e solidariedade!

Asociación Érguete

Fa 165 dies

Unha homenaxe ben merecida!!

Patrocinadors