Recaptat
2.065€
A favor de
Recaptat
2.065€
Objectiu
3.000€
Donacions
22
Falten
18 dies
A favor de
Repte liderat per
Categoria
Na Área 49 de Lilongwe, capital de Malawi, atópase a residencia para mozas estudantes de ensino secundario e universitario Amai Maria, xestionada polas misioneiras de Maria Mediadora.
A residencia Amai Maria ofrécelle a setenta mozas malawianas a posibilidade de continuar os seus estudos secundarios e universitarios na capital do país. Grazas á residencia de estudantes da Area 49 estas mozas teñen a oportunidade de seguir a formarse nun país como é Malawi, no que non é doado que as mulleres continúen cose seu estudos secundarios e universitarios.
Cada día as estudantes teñen que desprazarse desde a residencia Amai María ás distintas escolas e universidades ás que asisten, repartidas por distintas Areas (barrios) da cidade. O transporte público en Lilongwe é moi precario e realízase en “Matolas” (camionetas de cabina aberta) ou “MiniVans” (Minibuses) privadas, sempre moi ateigadas de xente. De feito, as MiniVans e as Matolas non teñen horarios fixos, xa que non comezan o traxecto/ruta ata que se ocupan todas as prazas, e poden deterse en calquera lugar á espera de ter suficientes pasaxeiras e pasaxeiros que fagan que o desprazamento sexa rendible. O acoso ás mulleres é habitual no transporte compartido de Lilongwe.
Dotar a residencia de mozas estudantes Amai Maria da Área 49 de Lilongwe dunha MiniVan propia, permitiríalle a estas estudantes un desprazamento máis seguro ás suas respectivas escolas sen ter que compartir o vehículo, evitando por unha parte o acoso que sofren as estudantes nos MiniBuses de uso compartido e tamén permitiría adaptar os horarios dos desprazamentos ao seu horario escolar, o que diminuiría o absentismo escolar das estudantes.
A maiores, a MiniVan da Área 49 tamén daría servizo aos outros centros dos que dispoñen as misioneiras en Malawi: o hospital de Mlale e o orfanato de Chezi. Ningún destes centros dispón dun vehículo similar polo que sería de moita utilizade para os desprazamentos de nenas, nenos ou doentes entre os distintos centros que as Misioneiras xestionan en Malawi.
O proxecto #miniVAN_Area49 é unha iniciativa da empresa Nomadas Motorhome, que conta co apoio da Fundación Esteban Vigil e da Asociación Operación Pangono Pangono.
Lembra que o teu apoio ao proxecto #miniVAN_Area49 desgrava na declaración da renda. Os primeiros 150 € desgravarán ata o 80 % e a partir desa cifra o 35 %. Lembra completar todos os teus datos no teu perfil de migranodearena.org.
Máis información sobre as vantaxes fiscais da túa achega ao proxecto nesta ligazón.
A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.
Donants (22)
150€
Fa 3 dies
Anònim
50€
Fa 15 dies
Mónica
35€
Fa 20 dies
Anònim
250€
Fa 45 dies
Sole Blanco
5€
Fa 76 dies
Anònim
20€
Fa 83 dies
Anònim
Donació oculta
Fa 83 dies
Anònim
Donació oculta
Fa 83 dies
Donació oculta
Fa 120 dies
Donació oculta
Fa 132 dies
Anònim
100€
Fa 136 dies
Anònim
200€
Fa 136 dies
Anònim
150€
Fa 138 dies
Anònim
50€
Fa 139 dies
Anònim
50€
Fa 140 dies
Anònim
150€
Fa 140 dies
Anònim
150€
Fa 141 dies
Anònim
100€
Fa 141 dies
Anònim
Donació oculta
Fa 141 dies
Anònim
Donació oculta
Fa 141 dies
Anònim
150€
Fa 141 dies
Anònim
50€
Fa 141 dies
Comentaris (6)