Acerca de Operación Pangono Pangono

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.

 

Operación Pangono Pangono en números

1

Retos liderados

1

Retos activos

7

Donaciones conseguidas

750,00

€ recaudados

Retos activos

Retos finalizados